A Secretaría Técnica facilítalles aos matriculados a posibilidade de reservar aloxamento para os días de celebración do Congreso. De ser preciso, pola distancia entre a sede e os establecementos propostos, disporase servizo gratuíto de autocar de ida e regreso. Aloxamento garantido ata o 15 de xuño de 2007. A partir desta data, suxeito a dispoñibilidade.
SEMINARIO SANTA CATALINA Praza do Seminario, 1
HOTEL MONTERO Avda. Eladio Lorenzo, 7
HOTEL MIRADOR Estrada N- 634, Km 592.5
HOTEL PADORNELO Rúa Buenos Aires, 1
HOTEL EUROSTARS AURIENSE**** Rúa Cumial, 12. OURENSE
ALBERGUE MUNICIPAL DE CELANOVA Cuartos comúns de 4 ou 6 liteiras CELANOVA
Estes prezos son en Euros, por cuarto e día e inclúen o I.V.E. Non se inclúen os extras.
Unha vez recibido o formulario de aloxamento, a Secretaría Técnica confirmaralle por e-mail a dispoñibilidade de cuarto no establecemento escollido.
Logo, e para garantir a súa reserva, deberá anticipar o IMPORTE TOTAL DO ALOXAMENTO.
Ao recibir o pago, enviarémoslle un bono de reserva que deberá presentar nos establecementos elixidos.
Se os datos para a emisión da factura do seu aloxamento non coinciden cos consignados no formulario de reserva, por favor, compléteos no seguinte formulario:
Forma de pago Transferencia bancaria (gastos de transferencia a cargo do matriculado). O pago deberá efectuarse en Euros.
Imprescindible indicar, ao facer efectivo o ingreso, o NOME DO PARTICIPANTE.
Entidade: BANKINTER Nº de conta: 0128/0110/24/0100021045 Titular: Grandes Pequeñas Casas, S.L.
A reserva só será efectiva despois de realizar o pago do aloxamento en Euros, enviando copia do xustificante de transferencia por fax (981 56 49 78) ou e-mail ( rudesindus@versalcomunicacion.com ) á Secretaría.
Non se considerará ningunha reserva de hotel en firme, se non se recibe na Secretaría o xustificante do pago correspondente.
Cancelacións
As cancelacións só poderán realizarse mediante ESCRITO dirixido á Secretaría.
Se a cancelación se produce antes do 10 de xuño de 2007, procederase á devolución do importe íntegro aboado (gastos de transferencia a cargo do matriculado).
Todas as devolucións se realizarán unha vez finalizado o Congreso.